As noces caeron este ano case todas dun golpe, dado polo temporal con moito vento do dia 3 de outubro. Como hai que estendelas ao sol para que sequen un pouco e non habia donde metelas todas, usamos do corredor da casa, que practicamente se encheu con esta alfombra. Son as noces un alimento extraordinario, todos os dias deberiamos comer polo menos 8. E ademais estas, dun sabor excepcional, nada que ver coas francesas que inundan o mercado ou xa non te digo coas de California, tan xigantes, brancas e envenenadas.
Envasadas en sacos de malla consérvaranse todo o ano. Se queres podemos envialas á tua casa, dependendo do lugar e o transporte elexido, sairanche entre 3€ e 5€. Consúltanos
A castañeira, é unha tempada de gran impòrtancia neste concello de Parada do sil e zonas próximas. Como lle escoitei decir ao falecido Agustín d'A Carreira, "a castañeira é a seitura
Na Reitoral de Chandrexa seguirán 3 camiños posibles: para a sua venda, para secar e como alimento dos porcos, sendo unha ceba final que da unha gran calidade á carne.
No hay comentarios:
Publicar un comentario