miércoles, 23 de noviembre de 2011

XORNADA GASTRONÓMICA das SETAS



Este outono, ante a escasez de cogumelos silvestres, que só agora parece se empezan a animar a asomarse, non organizamos na casa, como noutras ocasións, o magosto micolóxico. Pero si que vos queremos animar a que vaiades este fin de semana ao cercano Restaurante A Mirada Máxica, no camping Canón do Sil, na aldea de Castro, xusto antes da baixada ao Mosteiro de Sta. Cristina, a degustar o seu magnífico menú fúnxico, e as incomparables vistas do lugar.

viernes, 11 de noviembre de 2011

SECANDO AS CASTAÑAS E ESPLENDOR OUTONAL



Estamos a preparar un dos ingredientes habituais da nosa comida: a castaña seca.
Noutrora tan habitual en todas as casas da veciñanza, hoxe debemos ser dos poucos da comarca que ainda as facemos. No sequeiro, a lume manso de grandes pitelos que duren toda a noite acesos, facendo subir a calor e o fume entre as fendas do piso superior onde repousan as castañas.
Un recurso tan propio do lugar, como non vamos seguir coa tradición de facer este producto para ser conservado todo o ano!.

Hoxe ten lugar a V ANDAINA DA CASTAÑA, que percorre o sendeiro PRG-98 de Parada do Sil, e que nesta época amosa unha beleza outonal extraordinaria. As viñas están amarelas, vermellas, verdes...non hai palabras para clasificar tantos tons, e no bosque os castiñeiros sobre todo e outras árbores minoritarias destacan sobre o fondo ainda verde dos carballos.
Disfrutemos, que logo pasa!

miércoles, 2 de noviembre de 2011