miércoles, 27 de octubre de 2010

13 DE NOVEMBRO: ANDAINA DA CASTAÑA E MAGOSTO

É un plan estupendo para ese sábado, ANIMÁDEVOS!
Ten lugar a IV ANDAINA DA CASTAÑA, cun percorrido de 18,5km. O percorrido é unha auténtica marabilla, e mais nesta época xa con tintes outonais. soen participar 200-300 persoas, cada un ao seu ritmo, pero levará unhas 4h.
e para rematar o dia, na localidade de Sacardebois a 3km. da casa, ten lugar a partir das 19h un popular MAGOSTO, con música, castañas asadas, chourizos e viño, GRATIS!

viernes, 22 de octubre de 2010

DIAS DE NOCES E CASTAÑAS

O outono é o que ten...todo cae, ás veces tanto, que costa dalo apañado todo.
As noces caeron este ano case todas dun golpe, dado polo temporal con moito vento do dia 3 de outubro. Como hai que estendelas ao sol para que sequen un pouco e non habia donde metelas todas, usamos do corredor da casa, que practicamente se encheu con esta alfombra. Son as noces un alimento extraordinario, todos os dias deberiamos comer polo menos 8. E ademais estas, dun sabor excepcional, nada que ver coas francesas que inundan o mercado ou xa non te digo coas de California, tan xigantes, brancas e envenenadas.
Envasadas en sacos de malla consérvaranse todo o ano. Se queres podemos envialas á tua casa, dependendo do lugar e o transporte elexido, sairanche entre 3€ e 5€. Consúltanos
A castañeira, é unha tempada de gran impòrtancia neste concello de Parada do sil e zonas próximas. Como lle escoitei decir ao falecido Agustín d'A Carreira, "a castañeira é a seitura da ribeira", pois este abondoso froito podia secarse e ser base da alimentación todo o ano. A sua venda en fresco mobiliza a boa parte dos veciños estes dias. Son de gran calidade, en tamaño e sabor, e ademais bastante temporás, sobre todo na zona da ribeira, máis baixa. Pero imaxinade o esforzo que é apañalas, varias horas doblando os cadrís e carregando pesados sacos ao lombo ata chegar onde se puido deixar o vehículo.
Na Reitoral de Chandrexa seguirán 3 camiños posibles: para a sua venda, para secar e como alimento dos porcos, sendo unha ceba final que da unha gran calidade á carne.

lunes, 4 de octubre de 2010










O VIÑO, O VIÑO
O VIÑIÑO, O VIÑO
Que mais dicir que estas palabras tan expresivas recollidas na "Cinsa do Vento" de Emilio Arauxo
I é que para os ribeiraos este é o gran momento do ano. Xa fixemos a vendima, e aí está a se facer o viño tinto da casa, "cunhas poucas uvas brancas, que lle van moi ben".
A fermentación é un proceso do máis natural, o viño faise só!. Unicamente diriximos un pouco o proceso. Como se ve nas fotos pisamos a uva para rompela cunha "estrujadora" de rodillos, para que así as levaduras presentes na pel das uvas contacten co mosto e fagan o seu traballo. Antes diso descangámolas, é decir que lle quitamos o cango, a madeira do racimo, nunha reixa de aceiro posta na moxega da máquina. Ainda que é laborioso así a mao, non lle vai aportar nada bo ao viño.
E unha vez na cuba de ferver hai que calcalo, duas veces no dia,como se ve na foto. Isto é moi importante para que todas as peles das uvas maceren ben misturadas co mosto (pois co gas producido tenden a subir) e así aportarlle prácticamente todo o que caracteriza a un viño tinto xoven.
...
Y en otoño, cuando recojáis la uva de vuestras vides para llevarla al lagar, decid en vuestro corazón:
"También yo soy una vid, y serán prensados mis racimos,
Y como vino nuevo seré guardado en odres eternos".
Y en invierno, cuando saqueis el vino, que se eleve en vuestro corazón un canto para cada copa,
Y que en ese canto resuene las memoria de los dias de otoño, un recuerdo de la viña y del lagar.

Khalil Gibran en "El Profeta".
Además, el principio del otoño, ha sido tiempo de conservas.
La abundancia de tomates bien maduros pide ser conservada en forma de salsa, pisto, etc., en botes tan socorridos en cualquier momento del año. Bueno, la variedad de tomates "de colgar" o mallorquín esperamos poder tirar de los que cuelgan por la bodega y cocina cuando ya las heladas hayan arrasado los últimos tomates de la huerta.
y con la uva blanca, que además no da aquí un vino de calidad, hemos hecho zumo, que pasteurizado(¡sinó se convertiría en vino!) conservamos en botes de cristal, para ser servido en el desayuno, o cuando se guste.