viernes, 22 de octubre de 2010

DIAS DE NOCES E CASTAÑAS

O outono é o que ten...todo cae, ás veces tanto, que costa dalo apañado todo.
As noces caeron este ano case todas dun golpe, dado polo temporal con moito vento do dia 3 de outubro. Como hai que estendelas ao sol para que sequen un pouco e non habia donde metelas todas, usamos do corredor da casa, que practicamente se encheu con esta alfombra. Son as noces un alimento extraordinario, todos os dias deberiamos comer polo menos 8. E ademais estas, dun sabor excepcional, nada que ver coas francesas que inundan o mercado ou xa non te digo coas de California, tan xigantes, brancas e envenenadas.
Envasadas en sacos de malla consérvaranse todo o ano. Se queres podemos envialas á tua casa, dependendo do lugar e o transporte elexido, sairanche entre 3€ e 5€. Consúltanos
A castañeira, é unha tempada de gran impòrtancia neste concello de Parada do sil e zonas próximas. Como lle escoitei decir ao falecido Agustín d'A Carreira, "a castañeira é a seitura da ribeira", pois este abondoso froito podia secarse e ser base da alimentación todo o ano. A sua venda en fresco mobiliza a boa parte dos veciños estes dias. Son de gran calidade, en tamaño e sabor, e ademais bastante temporás, sobre todo na zona da ribeira, máis baixa. Pero imaxinade o esforzo que é apañalas, varias horas doblando os cadrís e carregando pesados sacos ao lombo ata chegar onde se puido deixar o vehículo.
Na Reitoral de Chandrexa seguirán 3 camiños posibles: para a sua venda, para secar e como alimento dos porcos, sendo unha ceba final que da unha gran calidade á carne.

No hay comentarios:

Publicar un comentario