viernes, 7 de mayo de 2010

MILLO CORVO


Este ano volvimos sementar un pouco de millo corvo, do que volvimos conseguir semente xa que a perderamos.
Esta variedade tradicional de O Morrazo (Pontevedra),de negras espigas e fermosa fariña violeta, recuperouse do olvido gracias a Asociación Meiro de Bueu hai xa uns 10 anos: www.meirocorvo.org
Ademais a sua fariña é especialmente saborosa. Todo isto fixo que fose incluido polo movemento Slow Food (do que nos sentimos próximos)na Arca do bo gusto, sendo o único producto galego e un dos poucos de España incluidos.
Se a Natureza o permite e coa axuda da nosa vontade, poderemos colleitalo no outono


No hay comentarios:

Publicar un comentario